Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na poboación de Ares (A Coruña). (Expediente 01/1-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A. con enderezo na praza da Palloza, nº 3-2º, A Coruña.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na poboación de Ares, provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

-Centro de almacenamento, composto por dous depósitos para GLP, aéreos, de 49,5 m de capacidade unitaria, dotado de equipo de transvasamento, vaporización e regulación axeitados ás necesidades de consumo, así como das instalacións auxiliares de electricidade e protección contra incendios.

-Rede de distribución en MPB en encanamento de polietileno, cunha lonxitude total de 6.887 m e diámetros 110, 90, 63 e 40 mm. Fóra do centro de almacenamento discorrerá soterrada por zonas públicas e calcularase tanto para GLP como para gas natural.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta a poboación de Ares, na provincia da Coruña.

Orzamento: cento dez millóns setecentas trinta e seis mil oitocentas setenta pesetas (110.736.870 pesetas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren danadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria; edificio San Caetano en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria