Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato para a prestación do servicio de seguridade privada para as dependencias do Instituto Galego de Estatística.

De acordo co previsto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de servicio:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 227.01/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de seguridade privada para as dependencias do Instituto Galego de Estatística.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 229, do 27 de novembro de 2000.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 18.000.000 de pesetas (108.182,18 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 11 de xaneiro de 2001.

b) Empresa adxudicataria: Grupo Cettsa Seguridad, S.A.

c) Importe: 15.902.904 pesetas (95.578,38 euros).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística