Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001 para a adxudicación polo sistema de contratación directa de dúas oficinas en aluguer.

Carlos Casares Mouriño, presidente do Consello da Cultura Galega, en uso das atribucións recollidas na Lei 8/1983, de creación do Consello da Cultura Galega e o Decreto 266/2001, polo que se aproba o regulamento da Lei do Consello da Cultura Galega

RESOLVO:

1. Autoriza-lo aluguer de dous locais en Santiago de Compostela para varias dependencias do Consello da Cultura Galega.

2. Face-la adxudicación dos contratos de aluguer dos devanditos locais polo sistema de contratación directa por razóns de urxencia e polas limitacións do mercado inmobiliario.

3. Facer pública esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega