Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de febreiro de 2001 pola que se lle concede o cambio de denominación e a autorización definitiva ó centro privado Hogar de Santa Margarita da Coruña, para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidade e ciencias sociais, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Hogar de Santa Margarita da Coruña, no que solicita cambio de denominación e autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria, bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, así como o recollido na disposición transitoria terceira, letra c) do Real decreto 1004/1991, no referente ó bacharelato.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado Hogar de Santa Margarita pasando a denominarse Fogar de Santa Margarida.

Segundo.-Autoriza-lo centro privado Fogar de Santa Margarida da Coruña, para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de

Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Valle Inclán 1 e 3.

Código do centro: 15004794.

Denominación anterior: Hogar de Santa Margarita.

Nova denominación: Fogar de Santa Margarida.

Titular: Patronato Hogar Santa Margarita.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

d) Centro de formación profesional específica:

-2 ciclos formativos de grao medio de comercio (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).