Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/174-2, 5264 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas no Cereixal e A Porteliña.

Situación: Becerreá.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-110 de 513 metros de lonxitude. Liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-110 de 260 metros de lonxitude inicial e am

pliada posteriormente en 164 metros con data do

24-1-2000. Liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 72 metros de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 11 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense