Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Susavila e Piñeiro, primeiro e segundo anexo, no concello do Saviñao e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 36/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se citan a seguir:

Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión ó C.T. de Susavila, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV con orixe na L.M.T. ó C.T. de Piñeiro e remate no C.T. de

Susavila, cunha lonxitude de 1,085 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 11 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie de Susavila, situado en Susavila cunha potencia de 25 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Centro de transformación intemperie de Piñeiro, situado en Piñeiro, cunha potencia de 25 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea en Susavila, con orixe no C.T. de Susavila, cunha lonxitude de 1,845 km e 23 apoios de formigón.

5. Liña de baixa tensión aérea en Piñeiro, con orixe no C.T. de Piñeiro cunha lonxitude de 1,355 km con 14 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 11 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 36/1998 A.T.

L.M.T., C.T., R.B.T. Susavila e PiñeiroProvincia: LugoTermo municipal: O Saviñao.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PiñeiroPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

1 (C.T.)2

2LagueirosPradoJosé Rodríguez CidreSegán de Arriba, s/n,

27545 O Saviñao

1117160

3LagueirosLabradíoTeresa Rodríguez MéndezPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

556

4LagueirosPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

40400

6LagueirosLabradíoFernanda Varela VarelaSegán de Arriba-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

20200

8Baixo NaveiraLabradíoLuisa Díez VarelaPablo Lafargue, 34-1º D,

28017 Madrid

29290

10Baixo CamiñosPradoRosario Díaz VarelaRiboira-S. Vitoiro, s/n,

27545 Ribas de Miño

30300

11LameliñasPradoRamón López ViñasCancela-Segán de Arriba, s/n,

27545 O Saviñao

3150500

12LameliñasPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

3130300

14LameliñasPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

4232370

16EspiñeirosPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

28280

17EspiñeirosPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

5151510

19Prado EspiñeiroPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

5155515

21/BEspiñeirosPradoHilda Díez VarelaSan Lamberto, 7-3º D,

28017 Madrid

11110

22EspiñeirosPradoSalustiano Rodríguez VarelaPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

23230

23EspiñeirosPradoElías Ramos RodríguezPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

30300

26/BEspiñeirosPradoMercedes López AriasTibras-Fontao, s/n,

27549 Escairón-O Saviñao

6226260

27CarreiroPradoElías Ramos RodríguezPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

20200

28CarreiroPradoElías Ramos RodríguezPiñeiro-Segán, s/n,

27545 O Saviñao

17170

32/APacioPradoSara López SánchezSegán de Arriba, s/n,

27545 O Saviñao

19190

36/BAdegasMonte altoDemetrio Martínez RigueiraSusavila-S. Vitoiro, s/n,

27545 O Saviñao

40640

36/CAdegasMonte altoFlorentina Varela DiéguezRiboira-S. Vitoiro, s/n,

27545 O Saviñao

1112