Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 9 de febreiro de 2001 pola que se modifica a do 28 de decembro de 2000 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedicións de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante o ano 2001.

O día 5 de xaneiro publicouse a Orde do 28 de decembro de 2000 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedicións de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante o ano 2001 da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2001) na que se fixan no seu anexo III os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

No mencionado anexo da orde non figuraba o prezo relativo a unha das actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude; concretamente o Encontro Europeo da Xuventude.

No momento da publicación da referida orde non foi posible fixa-la contía do prezo que debía ser pagado por cada un dos participantes, dado que o programa europeo Juventud, así como todas aquelas actividades que desenvolven os seus obxectivos, están financiadas na súa meirande parte por axudas outorgadas pola Unión Europea, axudas que para o 2001 non foran aínda publicadas.

Actualmente e tras facer unha avaliación dos custos, fíxase o prezo en 2.000 ptas. por participante co fin de estimula-la demanda potencial de participante e alcanzar un alto nivel de asistencia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, dispón a obriga da consellería correspondente de establece-los prezos, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicalos no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir con este mandato e logo de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Modifícase o anexo III da Orde do 28 de decembro de 2000 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedicións de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude durante

o ano 2001, ó que se lle engade o parágrafo J, quedando a súa redacción do seguinte xeito:

ANEXO III

Prezos relativos á...

J. Programa Encontro Europeo da Xuventude: 2.000 ptas.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Manuela López Besteiro

Consellería de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude