Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.477

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de febreiro de 2001 pola que se regulan as probas de acceso ó grao medio das ensinanzas de música, dispostas no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo dos graos elemental e medio destas ensinanzas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo establece no seu artigo 40.2º que para acceder ó grao medio das ensinanzas de música será preciso superar unha proba específica de acceso, e que se poderá acceder igualmente a cada curso sen ter superados os anteriores sempre que, a través dunha proba, o aspirante demostre te-los coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

O Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e medio das ensinanzas de música, nos seus artigos 20 e 21, regula aspectos básicos para a realización das probas de acceso ó grao medio.

Por outra parte, o artigo 13 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, dispón que os centros profesionais de ensinanzas de música impartirán a especialidade de piano e, cando menos, as especialidades instrumentais de corda e vento que constitúen o cadro de persoal da orquestra de cámara.

Así mesmo, o Real decreto 756/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen os aspectos básicos do currículo dos graos elemental e medio das ensinanzas de música, dispón, no seu artigo 11.2º, que a materia de orquestra é de obrigatoria inclusión no currículo de tódalas especialidades instrumentais que constitúen a base da orquestra.

En consecuencia co anterior, a composición da orquestra de cámara e o cumprimento dos obxectivos do grao medio definen cales deben se-las especialidades instrumentais así como a cantidade mínima destas que os centros teñen a obriga de ofertar.

Cómpre, pois, desenvolve-la normativa correspondente co fin de establecer criterios comúns nas probas de acceso para inicia-los estudios do primeiro curso do grao medio ou para acceder a calquera outro curso deste grao, velando pola maior obxectividade na valoración destas, así como definir cursos similares desde uns instrumentos a outros afíns.

En consecuencia co exposto, e en virtude das atribucións conferidas pola normativa anteriormente citada,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

Os conservatorios e centros autorizados de música da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan

as ensinanzas do grao medio establecidas no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, desenvolverán as probas de acceso a este grao, de acordo co disposto nos artigos 20 e 21 do devandito decreto mailo establecido na presente orde.

Artigo 2º

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anunciará anualmente as convocatorias das probas de acceso, ás que se fai referencia no artigo anterior.

2. Os conservatorios e os centros autorizados deberán poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, con anterioridade ó 15 de abril, a oferta de especialidades para o acceso ó grao medio, con indicación expresa do número de vacantes para cada unha delas.

Artigo 3º

Nos centros profesionais, ademais da especialidade de piano, e co fin de poder constituí-la base dunha orquestra de cámara, establecida no artigo 13 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, ofertaranse como mínimo, prazas de frauta traveseira, óboe, clarinete, fagot, trompa, violín, viola, violoncelo e contrabaixo, sempre que o centro non dispoña no seu grao medio, polo menos, do seguinte número de alumnos matriculados:

2 de frauta traveseira.

2 de óboe.

2 de clarinete.

2 de fagot.

2 de trompa.

16 de violín.

6 de viola.

4 de violoncelo.

2 de contrabaixo.

Artigo 4º

1. Se un candidato optase a máis dunha especialidade, o exercicio de linguaxe musical do acceso ó primeiro curso e o exercicio teórico-práctico de acceso ós restantes cursos será común para todas elas.

2. Os candidatos que concorran a máis dunha especialidade aboarán as taxas públicas completas para cada unha delas.

Artigo 5º

Os candidatos a prazas de canto e os de especialidades instrumentais deberán utilizar partituras orixinais para a súa interpretación perante o tribunal.

Capítulo II

Requisitos de admisión e matrícula para as probas de acceso

Artigo 6º

1. Pódense inscribir nas probas de acceso ó primeiro curso do grao medio os candidatos que teñan superado ou non o grao elemental.

2. Pódense inscribir nas probas de acceso a outro curso do grao medio que non sexa o primeiro:

a) Os candidatos que teñan superado ou non o grao elemental.

b) Os candidatos que teñan esgotadas as dúas convocatorias de acceso ó primeiro curso.

c) Os candidatos que, matriculados nalgún curso do grao medio, esgotaran a permanencia nese curso ou no ciclo, deberán realiza-la nova proba de acceso, como mínimo, ó curso inmediatamente superior no que esgotaron a permanencia.

d) Os candidatos que, matriculados nalgún curso do grao medio, abandonaran os seus estudios, deberán realiza-la nova proba de acceso, como mínimo, ó curso inmediatamente superior no que estiveron matriculados.

3. En relación co punto anterior, e para efectos de cómputo dos límites de permanencia nos cursos, ciclos e grao, deberanse ter en conta os cursos realizados con anterioridade no grao medio.

4. En todo caso, o número máximo de probas de acceso ó grao medio para cada aspirante será de dúas convocatorias ó primeiro curso e outras dúas convocatorias a calquera outro curso que non sexa o primeiro.

Artigo 7º

Os conservatorios e centros autorizados farán público os prazos de matrícula, datas de exame e número de postos escolares vacantes. Así mesmo, publicarán nos taboleiros de anuncios dos centros os contidos e criterios de avaliación das probas, que serán acordes co proxecto curricular de cada centro.

Artigo 8º

1. A inscrición na proba de acceso realizarase para a especialidade ou especialidades polas que se opte. A proba realizarase no instrumento correspondente a cada especialidade. Non obstante, no caso do acceso ó primeiro curso do grao medio, a proba para as especialidades recollidas na columna B do anexo I desta orde poderá realizarse nos correspondentes instrumentos que figuran na columna A do citado anexo.

2. En relación co punto anterior, considéranse instrumentos afíns, unicamente aplicables no acceso ó primeiro curso do grao medio, os que se sinalan no anexo I da presente orde.

Artigo 9º

Os centros enviarán á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, cunha antelación mínima

de 15 días naturais ó comezo das probas, unha lista dos aspirantes, con indicación expresa da especialidade ou especialidades polas que opten.

Capítulo III

Realización das probas de acceso

A. Aspectos comúns das probas de acceso ó primeiro e a outros cursos do grao medio.

Artigo 10º

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Tamén deberán mostrar ó tribunal o xustificante de matrícula.

Artigo 11º

Os aspirantes serán convocados para a proba nun único chamamento, sendo excluído dela quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento. A incomparecencia á proba suporá a perda da correspondente convocatoria.

Artigo 12º

Se o número de solicitantes é superior ó de prazas ofertadas, a adxudicación destas realizarase por orde de puntuación na proba e, de ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na primeira parte desta proba. Opcionalmente, os centros poderán establecer unha lista de espera por orde de puntuación acadada co obxecto de cubrir posibles baixas.

Artigo 13º

1. A obtención dunha das prazas ofertadas dá dereito a posto escolar para o curso académico no centro no que se realizou a proba de acceso.

2. Non obstante, o alumno que unha vez superada a proba nun centro solicitase posto escolar noutro, por traslado de matrícula viva, non terá que realizar novamente a proba de acceso no centro de destino.

Artigo 14º

A Administración educativa, no exercicio das súas competencias, poderá efectuar un seguimento e supervisión da realización das probas de acceso.

B. Aspectos específicos da proba de acceso ó primeiro curso do grao medio.

Artigo 15º

1. No tribunal de acceso ó primeiro curso, que estará constituído por tres profesores do centro nomeados polo director deste, figurarán, polo menos, un profesor de linguaxe musical e outro da especialidade instrumental correspondente.

2. Non poderán formar parte do tribunal de acceso ó primeiro curso os profesores que durante ese ano académico impartiran clases ós alumnos candidatos

ás probas, sempre e cando exista no centro, polo menos, outro profesor da mesma especialidade.

Artigo 16º

Os exercicios correspondentes á parte de linguaxe musical serán iguais para tódolos candidatos e para tódolos tribunais das distintas especialidades. Non obstante, no caso de que sexa precisa máis dunha sesión estes exercicios poderán ser distintos.

Artigo 17º

Será responsabilidade do examinando a presencia do acompañante nas obras con acompañamento pianístico.

C. Aspectos específicos da proba de acceso a calquera outro curso do grao medio.

Artigo 18º

1. No acceso a calquera curso do grao medio que non sexa o primeiro, o tribunal estará composto por cinco profesores, nomeados polo director do centro.

2. Tendo en conta a distribución das diversas especialidades instrumentais, recollida no anexo III do Decreto 253/1993, a composición dos distintos tribunais realizarase segundo se indica no anexo II da presente orde.

Artigo 19º

Os exercicios correspondentes á parte teórico-práctica (linguaxe musical, harmonía, historia da música, piano complementario e outras) serán iguais para tódolos candidatos e para tódolos tribunais das distintas especialidades, sempre que se trate do mesmo curso. Non obstante, no caso de ser precisa máis dunha sesión estes exercicios poderán ser distintos.

Artigo 20º

Será responsabilidade do examinando a presencia do acompañante ou acompañantes, tanto para as obras con acompañamento pianístico como para as de música de cámara.

Artigo 21º

Para a valoración do aspirante na súa práctica das materias de coro ou orquestra, cada centro establecerá, por medio dos seus correspondentes departamentos didácticos, o procedemento que considere máis oportuno. En todo caso, non se lle poderá esixir ó examinando a presentación dun grupo orquestral ou vocal para a realización desta parte da proba.

Capítulo IV

Procedemento para a reclamación das cualificacións das probas de acceso

Artigo 22º

1. Os alumnos ou os seus representantes legais poderán presentar reclamación motivada por escrito, dentro dos dous días hábiles seguintes á publicación das cualificacións finais dos candidatos admitidos e, se é o caso, dos aspirantes en lista de espera e excluídos, perante a dirección do centro, quen lle dará traslado ó presidente do tribunal.

2. Se houbese reclamacións, o tribunal reunirase dentro das 24 horas seguintes para valoralas. O presidente do tribunal comunicará por escrito ó director do centro a decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada. O director daralle traslado ó alumno da decisión do tribunal.

3. Contra a resolución anteriormente citada poderá interpoñerse recurso perante o delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quen resolverá, logo do informe do Servicio Provincial de Inspección. Esta resolución do delegado provincial poñerá fin á vía administrativa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa a dictar cantas normas se consideren oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

A. Instrumentos de orixe B. Instrumento afín

ClaveÓrgano

GuitarraInstrumentos de púa

Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco

PianoÓrgano

Clave

TrombónTuba

ViolínViola

VioloncelloViola de gamba

ANEXO II

Composición dos tribunais

1. Clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, harpa, óboe, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, violín e violoncelo.

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

2 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de piano complementario

1 de orquestra

2 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de piano complementario

1 de orquestra

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de orquestra

1 de música de cámara

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de orquestra

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de orquestra ou música de cámara

1 de historia da música

2. Piano

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

3 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

3 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou acompañamento

1 de harmonía

1 de coro ou música de cámara

1 de historia da música

3. Clave.

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

3 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

3 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de coro ou música de cámara

1 de historia da música

4. Acordeón, frauta de bico, gaita galega, guitarra, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e Barroco, instrumentos de púa, órgano e viola de gamba.

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

2 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

1 de piano complementario

2 de instrumento da especialidade

2 de linguaxe musical

1 de piano complementario

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de coro

1 de música de cámara

1 de instrumento da especialidade

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de coro ou música de cámara

1 de historia da música

5. Canto.

CicloCursoNúmero de profesores por especialidade

2 de canto

1 de repertorio

1 de linguaxe musical

1 de piano complementario

2 de canto

1 de repertorio

1 de linguaxe musical

1 de piano complementario

1 de canto

1 de repertorio

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de piano complementario

1 de canto

1 de repertorio

1 de linguaxe musical

1 de harmonía

1 de piano complementario

1 de canto

1 de repertorio

1 de linguaxe ou piano complementario

1 de harmonía

1 de historia da música