Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO de información pública.

Na sesión ordinaria do 15 de xaneiro de 2001 someteuse ó coñecemento do Pleno do Concello de Porto do Son o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal. En cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do solo de Galicia e do decreto da Alcaldía do 29 de xaneiro de 2001, ábrese un período de información pública durante un prazo de 12 meses, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, as entidades particulares poderán consulta-lo avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal no salón de plenos do concello, suxeri-lo

que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Porto do Son, 29 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado