Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a adxudicación da concesión para a explotación do servicio público do centro de atención a persoas maiores de Melide.

1. Entidade adxudicadora.

a) Nome: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, nº 5.

c) Número de teléfono: 981 50 50 03.

d) Número de fax: 981 50 62 03.

e) Localidade: Melide (A Coruña), C.P. 15800.

2. Modalidade da adxudicación.

a) Tramitación do expediente: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Contido do contrato obxecto de licitación.

Obxecto: a xestión do servicio público de explotación dun Centro de Atención a Persoas Maiores en réxime de concesión.

O adxudicatario deberá realizar pola súa conta o proxecto das obras necesarias para o establecemento do servicio, de acordo co prego de prescricións técnicas elaborado pola Administración e a regulamentación especial, e as obras de primeiro establecemento e equipamento. Así mesmo, durante o período de vixencia do contrato, deberá facer fronte ás obras de mantemento, conservación e reparación necesarias para o bo estado das construccións e instalacións.

4. Lugar de execución.

O centro estará situado na Rambla de San Pablo, Melide.

5. Indicacións relativas ó proxecto.

As obras executaranse de acordo co proxecto elaborado polo adxudicatario e aprobado polo concello, que en todo caso deberá axustarse ó disposto para o contrato de obras nos artigos 120 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000. Aprobado o proxecto, o adxudicatario poderá realiza-las obras por si mesmo ou por terceiras persoas. A Administración exercerá control das obras designando un técnico para o efecto.

Xunto co proxecto de execución das obras, o adxudicatario deberá presentar un proxecto de equipamento, axustado ás características definidas no correspondente prego de prescricións técnicas. Unha vez aprobado o dito proxecto, a Administración controlará tamén a súa execución.

6. Prazo de execución.

O prazo máximo para a posta en servicio do centro non será superior a dezaoito meses, desde a data de inicio das obras.

7. Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación.

Nome: Servicios Técnicos Municipais.

Enderezo: praza do Convento, nº 5, C.P. 15800 Melide (A Coruña).

Teléfono: 981 50 50 03.

Fax: 981 50 62 03.

E-mail: enrique.baladron*melide.dicoruna.es

8. Prazo para a presentación de proposicións e ofertas.

Vinteseis días naturais, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

9. Lugar e enderezo a que se deben envia-las ofertas.

Lugar: Concello de Melide (referencia: concurso adxudicación do servicio público Centro de Atención a Persoas Maiores de Melide).

Enderezo: praza do Convento, nº 5, C.P. 15800 Melide (A Coruña).

10. Data, hora e lugar de apertura de ofertas.

Día: o quinto día hábil seguinte ó de terminación do prazo de presentación de proposicións. Se o día sinalado fose festivo, será o seguinte hábil, e se fose sábado, será o luns seguinte hábil.

Hora: ás 18.30 horas.

Lugar: na Casa do Concello de Melide (A Coruña).

A mesa de contratación cualificará previamente os documentos presentados.

11. Garantías.

a) Provisional: 5.000.000 de pesetas.

b) Definitivas:

Fianza pola instalación (obras e equipamentos): 4% do orzamento de contrata do proxecto de edificación e equipamento que resulte elixido pola adxudicación.

Fianza de prestación do servicio: 5.000.000 de pesetas.

12. Financiamento da obra.

O proxecto técnico, así como a totalidade das obras de primeiro establecemento e dos equipamentos, xunto coas obras de mantemento, conservación e reparación, serán por conta do concesionario quen, polo tanto, asumirá o financiamento total deles. Cando finalice o prazo contractual, o servicio reverterá na Administración concedente e o contratista entregará as obras, instalacións e equipamentos en estado de conservación e funcionamento adecuados, transmitindo a propiedade á dita Administración de tódalas construccións, instalacións e bens, libres de cargas e gravames.

13. Prezo do contrato.

O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación.

14. Condicións de carácter xurídico, económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As establecidas no prego de cláusulas particulares; prego de prescricións técnicas para o proxecto das obras, prego de prescripcións de organización, equipamento e xestión e anteproxecto de explotación, onde se determina a tarifa (documentación aprobada polo Pleno da Corporación en sesión do 2 de novembro de 2000, segundo publicou o BOP nº 276, do 1 de decembro), e demais normativa vixente.

15. Criterios de adxudicación.

1. Proxecto de xestión do servicio: ata un máximo de 60 puntos.

2. Proxecto técnico das obras e proxecto dos equipamentos presentados: ata un máximo de 20 puntos.

3. Experiencia da empresa en traballos ou servicios relacionados co sector social de maiores e noutros ámbitos de xestión de servicios públicos: ata un máximo de 10 puntos.

4. Oferta económica: ata un máximo de 5 puntos.

5. Memoria económico-financeira: ata un máximo de 5 puntos.

16. Modelo de proposta económica.

Don/dona... con enderezo en... rúa... nº... teléfono... e provisto do DNI nº... (ou pasaporte ou documento que o substitúa), actuando en nome propio (ou en representación de...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da concesión do servicio público do Centro de Atención a Persoas Maiores de Melide, e para estes efectos fai constar:

1) Que coñece e acepta cantas obrigas se derivan dos pregos de cláusulas e prescricións e demais documentación que rexe o presente contrato.

2) Que formula a seguinte oferta:

a) Prezo de cama/día residencia:... pesetas (IVE incluído).

A composición deste prezo será a seguinte:

-Custo de instalación:... pesetas.

-Custo de explotación:... pesetas.

-Beneficio industrial:... pesetas.

(Os oferentes deberán cubrir estes datos).

b) Prezos outros servicios:... pesetas (IVE incluído).

3) Que xunta a documentación esixida nos pregos de condicións.

En..., ... de... de 2001.

Melide, 29 de xaneiro de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde