Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-162/2000, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 15 de decembro de 2000.

Delegado provincial de Lugo

Luis González Vázquez

ANEXO

-Expediente nº: P-162/2000.

Denunciado: Antonio Ferreiro Zarraquiños.

DNI: 34.705.563-N.

Enderezo: r/ Erveledo, nº 55-2º C. Ourense.

Feito denunciado: ceba-las augas con fins de pesca empregando penso composto granulado. Feitos constatados o día 31-5-2000, ás 16.55 h, no río Miño-encoro de Belesar. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica desta actividade durante un período dun ano.