Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001 pola que se anuncia concurso para o aluguer de maquinaria e vehículos e subministración de materiais.

Obxecto e tipos de licitación. Contratación para o ano 2001 dos seguintes:

33 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, por un total global de 137.370.000 ptas.

18 lotes para subministración de materiais (emulsións, áridos, aglomerados, pintura, etc.), por un total global de 287.032.500 ptas.

As características peculiares e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que se atopa no Servicio de Contratación da Deputación.

Plicas. Durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas. A provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información. Servicio de Contratación da Deputación, tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado