Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente sec-2001000027).

A alcaldía, por Decreto do 7-2-2001, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono A-27 dentro da área de reparto nº 27 do PXOM de Verín, por instancia de Manuel Silva Carnero.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles que se contarán desde a publicación deste anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a presente publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intente-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde