De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.
As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.
Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme ó previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se están en localidade distinta ou comporta o reingreso o servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Código do posto: SA.C04.00.000.15770.001
Denominación do posto: secretario/a da directora xeral.
Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo de posto: N.
Grupo: C/D.
Nivel C.D.: 18.
Complemento específico: 567.192.
Corpo ou escala: xeral.