Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación dunha campaña de información ambiental (recollida selectiva de residuos).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ourense.

Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

Número de expediente: 1149/2000.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: concurso para a contratación dunha campaña de información ambiental sobre recolla selectiva de residuos.

Duración do contrato: 6 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

15.908.240 pesetas (95.610,447 euros).

5. Fianzas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

Enderezo: r/ Lamas Carvaja, s/n.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

Documentación que se presentará: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na praza Maior, nº 1, de 9 a 13 horas.

Localidade: Ourense.

Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Concello de Ourense.

Enderezo: praza Maior, nº 1.

Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de decembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde