Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-397).

Por resolución desta alcaldía 288/2001, con data do 22 de xaneiro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle en soar sito na rúa Dolores Ibarruri, rúa da Nogueira, rúa do Seixo, no Pto. Sta. Cruz-Liáns, tramitado por Navila, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de xaneiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta