Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Allariz (PXOM). Avance.

O Pleno do Concello de Allariz, en sesión do 16-1-2001, visto o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal asinado polo arquitecto Juan Carlos Portela Regodeseves, de Consultora Galega, S.L., acordou abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Durante o período de información pública pódese consulta-la documentación exposta na Oficina de Urbanismo do Concello de Allariz, sita na rúa Suárez, nº 21, de 9 a 14 horas, en días laborables.

Co fin de establece-la data de remate do período de exposición, o prazo dun mes contarase a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Allariz, 24 de xaneiro de 2001.

Francisco García Suárez

Alcalde