Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 20/2000.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 20/2000.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tubos de extracción ó baleiro para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

c) Lotes: 7.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 124, do 27-6-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 27.640.000 ptas. (166.119,74 euros).

5. Adxudicación:

a) Fecha: 22-12-2000.

b) Contratista: Kerbak, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 27.640.000 ptas. (166.119,74 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade con disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Jordi Riba Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela