Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 00/311).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Enviroil Galicia, S.A.

Domicilio social: Cánovas del Castillo, 36202-Vigo (Pontevedra).

Denominación: subestación en L.A.T. planta de xeración.

Situación: As Somozas.

Características técnicas: subestación e liña da planta de valoración de aceitas residuais de Enviroi Galicia, S.A., sita no parque empresarias das Somozas, para evacua-la enerxía eléctrica producida na central de xeración. As súas características indícanse a continuación: un transformador trifásico de 20.000 kVA de potencia r/t 20/132, interruptor automático, seccionador de liña, autoválvulas e equipo de medida. Liña eléctrica de 132 kV de enlace da subestación co apoio nº 3 da liña Easa-Mourela, cunha lonxitude de 3,809 km en conductor LA-180 sobre apoios metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña