Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/352-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Jallas, S.A.

Domicilio social: plaza de Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Campo de Fútbol.

Situación: Fisterra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 263 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte do apoio nº 115 da L.M.T.A. Corcubión-Fisterra e final no C.T. prefabricado, denominado Campo de Fútbol, de 250 kVA. Concello de Fisterra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña