Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/322-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. Paseo Marítimo Doniños.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: recuamento de liña eléctrica de media tensión, a 15/20 kV, no tramo entre C.T. Polígono de Tiro e C.T. Tras de Outeiro, no Paseo Marítimo de Doniños, consistente en: implantar dous novos apoios, nº 65 e 66, de formigón, aerosubterráneo e aéreo respectivamente e tendido, baixo tubo de conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, desde caseta de C.T. Polígono de Tiro, de 79 m de lonxitude ata apoio 65 e de conductor aéreo LA-110, de 110 m de lonxitude entre apoios nº 65 e 66. Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña