Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001 pola que se amplía o prazo de licitación do contrato de subministración de dous vehículos adaptados ó transporte de persoas de mobilidade reducida con destino á Cruz Vermella Española (Asemblea Provincial da Coruña). (Expediente 00/11755 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Advertido erro nas prescricións técnicas contidas no prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da subministración de dous vehículos adaptados ó transporte de persoas de mobilidade reducida con destino á Cruz Vermella Española (Asemblea Provincial da Coruña), no seguinte sentido:

Onde di: «1. Características mínimas do vehículo:... Nº cilindros: seis...».

Debe dicir: «1. Características mínimas do vehículo... Nº cilindros: catro...».

Mantéñense invariables as restantes características contidas no citado prego e ábrese un novo prazo de licitación de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anun

cio no BOP ou DOG, para os efectos de presentación de proposicións.

A Coruña, 9 de febreiro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña