Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de suspensión da licitación do expediente para a contratación, polo Concello de Vigo, dunha entidade colaboradora coa Seguridade Social.

O alcalde-presidente do Concello de Vigo, por Resolución do 9-2-2001, acordou suspende-la licitación anunciada no DOG do 2-2-2001 e no BOP do 8-2-2001, relativa ás bases que rexerán o convenio cunha entidade colaboradora coa Seguridade Social para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Vigo (expediente 13606/240).

O que se fai público para coñecemento xeral.

Vigo, 12 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde