Aprobada inicialmente polo Pleno, en sesión do 18 de xaneiro de 2001, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, relativa ó ámbito do sector SAUR, na parroquia de San Xián de Sales deste termo, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, durante o que poderá ser examinado na oficina técnica do concello para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.
Vedra, 19 de xaneiro de 2001.
Odón C. Cobas García
Alcalde