Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en concordancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o vinteoito de decembro de dous mil, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes edificables en soar situado na rúa Calvo Sotelo, esquina Estrada de Pintín, promovido por José Manuel González Parga, en representación de Promocións Urbans do Noroeste, S.L.

O contido da memoria, fundamentación, determinacións e ordenanzas do estudio de detalle definitivamente aprobado publicouse no BOP de Lugo número 15, correspondente ó 19 de xaneiro de 2001.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase recorrer potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado do día seguinte ó da presente publicación, ou ben poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo corresponda, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Sarria, 22 de xaneiro de 2001.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde