Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión extraordinaria do vinteoito de decembro de dous mil, aprobou inicialmente o proxecto básico e de execución de Urbanización da Rúa Pombal Vello, redactado polo arquitecto Raúl J. Veiga Lamelas, promovido por Promociones Lulosa Sarria, S.L.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación oficial, durante o cal, os interesados poderán consulta-lo expediente e formularen por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

O presente anuncio servirá de notificación ós posibles propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública, para os efectos do previsto no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, en consonancia co 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sarria, 21 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado