Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

ANUNCIO de adxudicación definitiva de contrato.

En cumprimento do disposto no artigo 93 da Lei 53/1999, de contratos das administracións públicas, faise público que a Comisión de Goberno, en sesión do 13 de decembro de 2000, adxudicou definitivamente o contrato das obras das que se anunciou a licitación no BOP nº 265, do 11 de novembro e no DOG nº 225, do 21 de novembro de 2000, a saber:

Denominación da obra: accesos a distintos núcleos de poboación.

Importe da adxudicación: 15.375.178 pesetas.

Contratista: Construcciones Carballeira, S.L.

Ribeira de Piquín, 22 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado