Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro do 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador AG-SA-83/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o levantamento da suspensión, dictada polo instructor no expediente por infracción ó R.D. 1980/1998, que establece os controis e sancións en materia de identificación e rexistro dos animais da especie bovina.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Tecnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2001.

Jose Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-83/2000-PO.

Denunciado: Alberto González Alonso.

Feito denunciado: transportar animais sospeitosos de enfermidade non identificados da especie bovina.

Data do acordo de incoación: 14-8-2000.

Alegacions á incoación: data de entrada 28-8-2000.

Data da suspensión: 25-9-2000.

Data do levantamento da suspensión: 15-12-2000.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do R.D. 1980/1998, do 18 de setembro, e o Decreto 355/1994, do 2 de decembro.

Precepto sancionador: artigo 103 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, e o artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias, aprobado por Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Sanción: 2.088.800 pesetas.