Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T e C.T. Fontán-Gondar (concello de Catoira), a favor da empresa Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A. (Expediente 75-4/2001 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e sancións no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20

de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados efectados pola execución do proxecto da liña de referencia que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 23 de agosto de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 23 de marzo de 2001, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Catoira, sinalados cos números:

Predios: 1-2.

Hora: 10.

Día: 23-3-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará cos debida anticipación legal, da data e hora nas que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o con

sideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 5 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

L.M.T. ó C.T. de Fontáns-GondarConcello: CatoiraProvincia: Pontevedra

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSup. ocp.

m

Lonx.

m

Sup. afect.

m

1Agra BesadaLaborBouzón López, MarinaGondar. Dimo. Catoira. 3661211340

2Agra BesadaLaborLópez Santiago, JoséGondar. Dimo. Catoira. 366121140325