Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos en tramos aéreos e baixo tubo en tramo subterráneo, con conductor PAS-50 y R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al respectivamente, coa orixe no apoio nº 9 da liña que alimenta ó C.T. O Xen (expte.: 33537) e final no C.T. Fraga que se vai instalar. O tramo subterráneo situarase entre os apoios nº 3 e 4 de 105 m de lonxitude da liña. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Fraga. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Fraga. Nos termos municipais de Arzúa e O Pino. (Expte. 27/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministeio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Corula, 28 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 27/1999Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. FragaConcello: O Pino

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2TelleiraPradoErundina Suárez FernándezLugar da Igrexa, s/n

Parroquía Boqueixón, s/n

15881 Boqueixón

121071.091

3PicotoPradoJosé María Castro Tator/ Fontela (Pedrouzo) 4

Pquia. Arca. 15821-O Pino

2228128

4PicotoMonte altoHros. Dorinda Vázquez

Quiñoy

Salceda-Pquia. San Breixo, s/n

15824 O Pino

3246/36207/162

5Chousa de SantisoMonte altoErundina Suárez FernándezLugar da Igrexa, s/n

Pquia. Boqueixón. 15881 Boqueixón

3 bis 4-5-68406/401.917/180

6Chousa de SantisoPradoDolores Quiñoy BarranSalceda-Pquia. S. Breixo, 20

15824-O Pino

72128608

7Chousa da PenaMonte altoHros. Luisa Barran CarreiraA Goleta-Pquia. Loxo, 6

15822 Touro

41185

8Chousa da PenaMonte altoErundina Rodríguez Lareur/ Ronda de Outeiro, 109-6º esq.

15007 A Coruña

4185

10Chousa da PenaMonte altoLuis Rodríguez QuintelaSalceda Pquia. San Breixo, s/n

15824 O Pino

9261290

11Chousa da PenaMonte altoAntonio Rodríguez Quintelar/ Ibargüen, 3-2º I

48970 Bilbao

71320

13Tenza das PenasMonte altoHros. Luis Castro PérezRúa do Home Santo, 15-2º

15703 Santiago de Compostela

11247212

14Tenza das PenasMonte altoDosinda Barreiro Pumarr/ Río Castro, 65-2º

15404 Ferrol

32144

15Tenza das PenasMonte altoDolores Balado Canedar/ Cuba, 22-1º

15010 A Coruña

52234

16Sobre da FragaMonte altoCarmen Souto SantisoSalceda pquia.

San Breixo, s/n. 15824-O Pino

12290405

17Sobre da FragaMonte altoSecundina Quintela CastroSalceda pquia.

San Breixo, s/n. 15824-O Pino

13273375