Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación da concesión V-7006; XG-380 e segregación dos tráficos do itinerario Trasanquelos-Paderne, correspondente á concesión V-7030; XG-404.

A Dirección Xeral de Transportes, mediante Resolución do 11 de decembro de 2000 ampliada por resolución do 1 de febreiro de 2001, autorizou o seguinte:

-Segregación dos tráficos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7030; XG-404, Lugo-Viveiro-Ferrol e A Coruña-Ourense, con anexos, da titularidade da empresa Ideal Auto, S.A., correspondentes ó itinerario Trasanquelos-Paderne, que desaparecen da explotación da citada concesión.

-Modificación de itinerarios e tráficos da concesión V-7006; XG-380, da titularidade da empresa Autocares Antonio Vázquez, S.A.

A explotación da concesión V-7006; XG-380 efectuarase de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

1. Servicio obxecto da concesión.

-Servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Paderne-Betanzos-A Coruña: V-7006; XG-380.

2. Itinerarios e puntos de parada.

-Paderne, O Rilo, Figueiredo, Cutián, Carres, Santaia, Ameixeira, Castelo, Soucamiño, Cesuras-Estación, Loureiros, Mandaio, Oza dos Ríos, Castiñeiro, Porzomillos, Betanzos, Infesta, Casas Novas (entrada polígono), A-6 (acceso), A-6, A-9, A-9 (O Paraugas), O Burgo, Fonteculler, As Xubias e A Coruña.

-Cutián e Cutián de Abaixo.

-Ameixeira, Dordaño e Soucamiño.

-Castiñeiro, Salto, Quintela, Cines, Serra, Callobre, Cuíña, Bendrade e Porzomillos.

3. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Serra e Callobre, puntos intermedios e viceversa, e dese tramo para o tramo Betanzos-Acceso autovía A-6 e viceversa.

-De e entre Serra e Oza dos Ríos, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Oza dos Ríos (cruzamento da estrada que vén de Mandaio e a C-540) e Betanzos, puntos intermedios e viceversa, e dese tramo para calquera punto do concello da Coruña e viceversa. Os usuarios da localidade de Castiñeiro con destino Porzomillos e Betanzos, e viceversa, non están afectados pola prohibición de tráfico.

-De Betanzos para calquera punto do concello da Coruña e viceversa.

-De e entre Betanzos e o acceso á autovía A-6, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre o acceso A-9 (O Paraugas) e A Coruña, puntos intermedios e viceversa.

-O feito da incorporación á concesión V-7006; XG-380, de Autocares Antonio Vázquez, S.A., dos tráficos obxecto da segregación nunca poderá ser utilizado para a obtención e realización de tráficos de Betanzos para calquera punto do concello da Coruña e viceversa.

-Para garanti-lo cumprimento das prohibicións de tráfico aquí establecidas, respectarase, para efectos de tomar ou deixar viaxeiros, unha distancia de trescentos metros respecto ós itinerarios daquelas concesións das que traen causa as prohibicións de tráfico.

4. Expedicións e calendario.

Paderne-Figueiredo-Cutián-Cutián de Abaixo-Cutián-Ameixeira-Castelo-Loureiros-Oza dos Ríos-Porzomillos-Betanzos-A Coruña (63,1 km).

-Dúas expedicións de ida e volta diarias.

O Rilo-Ameixeira-Dordaño-Loureiros-Oza dos Ríos-Porzomillos-Betanzos (37,7 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Porzomillos-Callobre-Castiñeiro-Oza dos Ríos-Castiñeiro-Porzomillos-Betanzos (21,3 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

5. Outras condicións.

No non previsto nesta resolución serán de aplicación as condicións establecidas na Orde do 17 de xuño de 1997, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en todas aquelas resolucións posteriores dictadas pola Administración competente que afecten ós itinerarios e tráficos segregados.

Contra as citadas autorizacións poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes