Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de iniciación do expediente sancionador 15-1062/00, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-1062/00 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-1062/00.

Inculpado: Averías a Domicilio 24 H., S.L.

Domicilio: Luis Quintana Goyanes, nº 8, P-1, 1º A, 15009 A Coruña.

Motivos: facturación superior ó tempo real investido e incumprimento das normas de información.

Data da iniciación: 19-12-2000.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña