Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.336.450 e catro máis).

a)Obra.

1. Rede de sumidoiros nos núcleos de Ribadelouro, Rebordáns, Guillarei, Baldráns, Paramos e Caldelas de Tui (rede secundaria)-primeira fase (Tui-Pontevedra).

Clave: OH.336.450

Orzamento: trescentos un millóns seis mil trescentas corenta pesetas (301.006.340 ptas., equivalente a 1.809.084,538 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento e saneamento en Lobios (Lobios-Ourense).

Clave: OH.532.380.

Orzamento: cento oitenta e nove millóns cincocentas mil pesetas (189.500.000 ptas., equivalente a 1.138.917,938 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d, grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento á parroquia de Tella (Ponteceso-A Coruña).

Clave: OH.215.476.

Orzamento: setenta e dous millóns catrocentas sesenta e cinco mil cincuenta e catro pesetas (72.465.054 pesetas, equivalente a 435.523,746 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Separata do proxecto de abastecemento de auga a Lamaigrexa, Castroncelos, A Estación, Abrence, Cereixa, A Pobra do Brollón e Salcedo (A Pobra do Brollón-Lugo).

Clave: OH.227.316.

Orzamento: sesenta e un millóns novecentas noventa e oito mil seiscentas dezaseis pesetas (61.998.616 pesetas, equivalente a 372.619,187 euros).

Prazo de execución: 17 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Traída de augas a Puga e Feá desde o depósito de Toén (Toén-Ourense).

Clave: OH.232.384.

Orzamento: corenta e tres millóns de pesetas (43.000.000 de pesetas, equivalente a 258.435,205 euros).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día oito (8) de marzo de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) deste anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vinteún (21) de marzo de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia