Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza nos edificios sede de diversos órganos xudiciais e dunha sede administrativa na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios

b) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza nos edificios sede de diversos órganos xudiciais e dunha sede administrativa na provincia de Pontevedra.

c) Prazo de execución: un ano, coa posibilidade de prórroga segundo o sinalado na lexislación vixente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído, segundo o seguinte desglose:

-Exercicio 2001: 25.000.000 de pesetas.

-Exercicio 2002: 5.000.000 de pesetas.

Aplicación orzamentaria: 13.01.123C.227.00.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: secretaría xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17/54 47 54.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo: III; subgrupo: 6; categoría: A.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar na sala de xuntas o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.15 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais