1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: contrato de servicios
b) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza nos edificios sede de diversos órganos xudiciais da provincia de Lugo.
c) Prazo de execución: un ano, coa posibilidade de prórroga segundo o sinalado na lexislación vixente.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 20.500.000 pesetas, IVE incluído, segundo o seguinte desglose:
-Exercicio 2001: 17.083.000 pesetas.
-Exercicio 2002: 3.416.667 pesetas.
Aplicación orzamentaria: 13.01.123C.227.00.
5. Garantías.
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: secretaría xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 45 17/54 47 54.
e) Fax: 981 54 46 96.
f) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion
g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos del contratista.
Clasificación: grupo: III; subgrupo: 6; categoría: A.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.
f) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: terá lugar na sala de xuntas o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,
Interior e Relacións Laborais