Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (230/2000).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 230/2000 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

En Padrón vinteoito de setembro de dous mil.

Vistos por min, María Ángeles Lamas Méndez, xuíza do Xulgado de de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, estes autos de xuízo de faltas 230/2000, nos que foron partes o fiscal, denunciante Cesáreo Pardal Rey, representante legal de Combustibles Cesáreo Pardal, S.L., e denunciado Federico Chan Cortinovis, se dictou sentencia con base nos seguintes:

Decido que debo condenar e condeno a Federico Chan Cortinovis como autor dunha falta e furto do artigo 623.1º do Código Penal, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da resposabilidade criminal, á pena dun mes de multa a razón de cincocentas pesetas diarias, así como ó pagamento das custas procesuais. Se non satisfixese voluntariamente ou pola vía de constrinximento a multa imposta, quedará suxeito a unha resposabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. En concepto de responsabilidade civil, indemnizará a Combustibles Cesáreo Pardal, S.L., na cantidade que se determine en execución de sentencia, polo valor das tres botellas de whisky Ballantine's e outra de JB, e restituirá a botella de whisky JB que consta nas dilixencias previas nº 975/1999, para o cal debe oficiarse ó Xulgado Decano de Redondela.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Federico Chan Cortinovis, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o vintetrés de xaneiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado