Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 6 de febreiro de 2001 pola que se notifica denuncia por infracción da normativa vixente en materia de portos devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente 04/2001).

Por medio desta cédula notifícase ó denunciado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a denuncia formulada contra el. Por ese motivo iniciouse, co número que se indica, o correspondente expediente sancionador, que pode dar lugar á sanción que tamén se cita.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste de alegar por escrito perante o instructor do procedemento, achegando cantas alegacións, documentos e informacións estime convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Desígnase instructora do procedemento a Marina García Rodríguez, con domicilio para estes efectos en praza de Europa 5 A 6º, Área Central, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2001.

Benito González Aller

Director do ente público Portos de Galicia

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Porto-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

Sanc. 04/01

LU-7015-M

Gardapeiraos de Burela

José Luis Villarquide Bermúdez

r/ Misericordia nº 23-1º

Viveiro (Lugo)

Estacionar en zona de carga e descarga.

17-1-2001; 9.15 h; Burela

Art. 141.1º a) da Lei 27/1992Art. 120 da Lei 27/199215.000 ptas.