Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da admi

nistración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-la seguinte subministración:

Adquisición de dous vehículos todo terreo (4x4) gasóleo para o organismo autónomo Augas de Galicia.

Adxudicatario: Autos Lobelle, S.L.

Orzamento: 5.894.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia