Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.064

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001 pola que se nomea funcionario da escala de técnicos de xestión desta universidade o aspirante que superou as probas selectivas, convocadas por Resolución do 5 de setembro de 2000 (Boletín Oficial del Estado do 26 de setembro).

Vista a proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala

técnica desta universidade, convocadas por Resolución do 5 de setembro de 2000 (BOE do 26 de setembro), e verificado o cumprimento dos requisitos sinalados na base 2 da convocatoria.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Real decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto) e polo Decreto 41/2000, do 25 de febreiro (DOG do 2 de marzo), resolve nomear funcionario de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña a Gonzalo Antonio Barrio García.

Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, o interesado deberá prestar xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril (BOE do 6 de abril), e tomar posesión no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, o persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión, deberá realiza-la declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados, ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollidos no artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cabe interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o rector no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdicción, contados ambos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña