Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.064

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 1 de febreiro de 2001 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 11 de outubro de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 11 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 204, do 20 de outubro; corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 208, do 26 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 7.2º b) do III Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia-1994 (DOG nº 249, do 28 de decembro), e no uso das atribucións conferidas no mesmo artigo da dita norma, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 11 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 204, do 20 de outubro; corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 208, do 26 de outubro).

Segundo.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude