Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xaneiro de 2001 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro autorizado de música profesional Mayeusis, de Pontevedra, para imparti-las ensinanzas correspondentes ós graos elemental e medio de música.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Rodrigo Silva González, en representación da Sociedad Gallega de la Música y el Arte, S.L., solicita autorización de apertura dun centro para imparti-las ensinanzas dos graos elemental e medio de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial do Estado do 28), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar para imparti-las ensinanzas correspondentes ós graos elemental e medio de música establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ó centro autorizado de música profesional Mayeusis,

de Pontevedra, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de música profesional Mayeusis, de Pontevedra queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio profesional de música de Pontevedra.

Terceiro.-A presente autorización para imparti-las ensinanzas dos graos elemental e medio de música terá efectos a partir do curso académico 2001-2002.

Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Quinto.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa (BOE do 14).

Disposicións derradeiras.

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: Rúa Joaquín Costa, 58-60

Código do centro: 36024227.

Titular: Sociedad Gallega de la Música y del Arte, S.L.

Denominación xenérica: centro autorizado de música profesional.

Denominación específica: Mayeusis.

Postos escolares: grao elemental: 140; grao medio: 180.