Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais de saúde pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O DOG nº 243, do 15 de decembro de 1992, publicou a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992, pola que se aprobaron as relacións de postos de traballo do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994, publicou a Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modificou a RPT do persoal que presta os servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O DOG nº 116, do 17 de xuño de 1994, publicou a Orde do 6 de xuño de 1994, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, que modificou a RPT do persoal que presta servicios veterinarios oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aínda que posteriormente, e no que se refire ós servicios veterinarios oficiais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, se publicaron novas RPT nos DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e nº 234, do 3 de decembro de 1997, a sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anulou e deixou sen efecto a modificación da RPT aprobada pola Orde de 6 de xuño de 1994, ordenando a convocatoria dun concurso de traslados de acordo coa RPT inicial publicada por Resolución do 18 de novembro de 1992, modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993.

O Decreto 293/1998, do 26 de outubro (DOG nº 215, do 5 de novembro), procedeu á execución da citada sentencia ordenando a convocatoria do concurso de traslados.

Unha vez resolto este, e dado que a RPT de 1992 non recolle as necesidades actuais, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais propón a súa modificación.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do un de febreiro de dous mil un, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Aproba-la relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais de saúde pública da Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2. Ordena-la súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Deixar sen efecto a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais, publicada por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de novembro de 1992 (DOG nº 243, do 15 de decembro), modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda (DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 1994), no que se

refire ós postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais da Consellería de Sanidade.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de febreiro de dous mil un, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública