Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Téndose publicada no BOP número 286 do 15-12-2000, a realización da exhumación nas sepulturas existentes no cadro número once, corpo segundo do cemiterio municipal de Catabois e a relación de inhumacións realizadas, comunícaselles ós familiares das persoas inhumadas na sepulturas do citado cadro, que deberán comparecer no Negociado de Cemiterios, na planta baixa da Casa do Concello, coa finalidade de traslada-los restos dos seus parentes, dentro do mesmo cemiterio ou en calquera outro que elixan, así como retira-los mármoles, lápidas, enreixados, etc., que ocupan as sepulturas.

Así mesmo, faise saber que a relación dos restos e as datas das inhumacións aparece publicada no devandito BOP, no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios do cemiterio municipal.

O prazo para realiza-los traslados dos restos remata o día 15-3-2001.

Infórmase de que, se renunciasen a este dereito, unha vez vencido o prazo e de oficio, realizarase o levantamento dos restos, que quedarán depositados no osario xeral do cemiterio, sen dereito a reclamación ningunha.

Ferrol, 15 de xaneiro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde