Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 2.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión realizada o día 29-12-2000, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo o documento de modificación puntual do Plan parcial de Cordeda-1, redactado polo arquitecto municipal, que ten por obxecto a modificación das aliñacións establecidas polo citado plan para o conxunto C-6 e

parcela T-1, que se corresponden coas parcelas 11, 12, 13, 68 e EL-10 do proxecto de compensación do ámbito, coa finalidade de resolve-lo problema xurdido pola proximidade dos edificios construídos na U.A. 10 e os que se constrúan sobre estas parcelas de mante-las aliñacións establecidas.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e se comunique á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó mesmo tempo dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do documento definitivamente aprobado, debidamente dilixenciado.

3. Determinar que o acordo esgota a vía administrativa e que pode impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a súa publicación, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer previamente recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o adoptou.

Culleredo, 11 de xaneiro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo