Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.963

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 33/2001, do 5 de febreiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8º, parágrafo terceiro, e 10º f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8º e 9º e) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro suplente, do Consello Económico e Social de Galicia, Alberto Gago Rodríguez, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, cinco de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente