Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.895

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COOPERATIVAS REUNIDAS DE BERGANTIÑOS COREBER, S. COOP.

ANUNCIO de transformación e fusión.

A sociedade cooperativa Cooperativas Reunidas de Bergantiños, Coreber, S. Coop., con domicilio na

Laracha, Comiáns-Montemaior, e CIF F-15665458, por medio deste anuncio e no cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, das cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, con data do 29 de xaneiro de 2001, acordou transformarse de cooperativa de segundo grao en cooperativa de primeiro grao, acordando, a seguir, a fusión por absorción das cooperativas que a compoñen, Santa María Magdalena, Santa María de Rus e Pazos.

Os acredores terán o dereito de opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Na Laracha, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Mato Pose

Secretario

Visto e prace

Manuel Puñal Garda

Presidente