Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 2000.

Cumprido o acordo da Comisión de Goberno do día 26 de decembro de 2000, no que se prestou aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 2000 e no exercicio das atribucións conferidas á alcaldía polo artigo 41.14º a) do Real decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios e contidas na oferta de emprego público de 2000:

Unha (1) de técnico da escala de Admón. xeral, subescala técnica, integrada no grupo A.

Dúas (2) de administrativo da escala de Admón. xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C.

Unha (1) de auxiliar da escala de Admón. xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

Dúas (2) de ordenanza da escala de Admón. xeral, subescala subalterna, integrada no grupo E.

Unha (1) de técnico superior da escala de Admón. especial, subescala técnica, integrada no grupo A. Denominación: enxeñeiro de camiños, canles e portos.

Unha (1) de mestre de obras da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría mestre, integrada no grupo D.

Dúas (2) de oficial albanel da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, integrada no grupo D.

Unha (1) de oficial electricista da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, integrada no grupo D.

Unha (1) de oficial xardineiro da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, integrada no grupo D.

Unha (1) de axudante electricista da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría axudante, integrada no grupo E.

Unha (1) de operario de servicios varios da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría operario, integrada no grupo E.

Unha (1) de cabo da policía local da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D.

Tres (3) de bombeiro-conductor da escala de Admón. especial, subescala de servicios especiais, clase servicio extinción incendios, integrada no grupo D.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se sinalan os requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP nº 15, do día 22 de xaneiro de 2001, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos legais pertinentes.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2001.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde