Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001 pola que se fan aclaracións á do 4 de xaneiro de 2001 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de limpeza dos edificios nos que se atopan os servicios centrais da Xunta de Galicia.

Ó ser necesario engadir unha documentación ó prego de prescricións técnicas relativo ó concurso publicado coa citada resolución no Diario Oficial de Galicia número 13, do 18 de xaneiro de 2001, faise a seguinte aclaración:

Ás empresas interesadas no concurso infórmaselles de que existe un acordo asinado entre a actual adxudicataria do servicio e a representación sindical dos traballadores, incluíndo aspectos de carácter social e económico, que vincularán a empresa que resulte adxudicataria do servicio, e que sen dúbida é imprescindible ter en conta á hora de face-la pertinente valoración da oferta. O dito acordo facilitaráselles por fax se o solicitan ós teléfonos: 981 54 42 60 e 981 54 42 65.

O prazo de presentación de ofertas mantense invariable.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Secrerario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública