Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.878

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 26 de xaneiro de 2001, da comisión de baremación do proceso selectivo de farmacéuticos de atención primaria, polo que se anuncia a realización da proba escrita.

De conformidade co previsto no punto 6 da Resolución do 15 de novembro de 2000, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (corrección de erros no DOG nº 26, do 6 de febreiro de 2001), pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 27 prazas de farmacéutico de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, esta comisión de baremación anuncia a realización da proba escrita polos aspirantes admitidos para o vindeiro día 2 de marzo de 2001, ás 16 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lázaro, s/n.

Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que será excluído deste proceso quen non compareza.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Berta Cuña Estévez

Presidenta da comisión de baremación