Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.837

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de xaneiro de 2001 pola que se fai público o nomeamento dos suplentes dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano.

O Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de productos alimenticios relacionados co consumo humano, procede no seu artigo 1.1º á creación da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, e determina no artigo 4.2º a súa composición.

Publicada a Orde do 6 de marzo de 2000, pola que se fai público o nomeamento dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, procede facer público o nomeamento dos suplentes dos devanditos membros.

É polo que, en consecuencia, no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Faise público o nomeamento dos suplentes dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, que son as persoas que se relacionan a continuación:

Como suplentes:

1. Pola Consellería de Industria e Comercio, Rafael Álvarez-Sarandes Lavandeira, técnico de laboratorio de consumo.

2. Pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Manuel López Leizán, xefe de Sección de Sanidade de Producción Animal do Laboratorio de Sanidade de Producción Animal de Lugo.

3. Pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sagrario Pérez Castellanos, subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública.

4. Pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Juan Maneiro Cadilla, director do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

5. Como suplente do secretario, Patricia Daporta Padín, xefa do Servicio de Protección da Saúde Fronte a Riscos Xerais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais